O teléfono de atención sanitaria do Sergas
O teléfono de atención sanitaria 902400116, funciona as 24 horas, os 365 días do ano.
Todas as chamadas son atendidas, en función do motivo da súa consulta, por médicos/as e enfermeiros/as que responderán as súas dúbidas e facilitarán a información solicitada.
O teléfono 902400116, é un número fácil de memorizar a fin de darche acceso rápido e sinxelo ao servizo que precisas. O custo da chamada varía segundo a súa duración e depende do operador co que teñas contratada a túa liña telefónica. Non obstante, este servizo está conectado a un número telefónico convencional (981953400), ao que, se prefires, tamén podes chamar para aproveitar as vantaxes da tarifa que teñas contratada coa túa compañía telefónica.
SITUACIÓNS SANITARIAS NON URXENTES.
- Problemas relacionados con enfermidades/síntomas.
- Problemas relacionados co embarazo, parto e puerperio.
COIDADOS ASISTENCIAIS.
- Información sobre medicamentos.
- Problemas sobre o manexo de dispositivos implantados: sondas (urinarias, nasogástricas…), dispositivos de diálise, dispositivos de osíxeno, soros…
- Dúbidas sobre o manexo de aparellos: glicómetro, tensiómetro…
- Consultas sobre curas.
- Coidados de pacientes crónicos e puericultura.
PROBAS MÉDICAS.
- Preparación e interpretación de probas diagnósticas.
PREVENCIÓN E HÁBITOS SAUDABLES.
- Campañas de Saúde Pública (gripe, vaga de calor…).
- Vacinación.
- Métodos anticonceptivos.
- Consellos aos viaxeiros.
- Información sobre drogas.
- Dieta e exercicio físico.
INFORMACIÓN SOBRE CENTROS E SERVIZOS SANITARIOS
ASESORÍA A PROFESIONAIS SANITARIOS (persoal médico e de enfermaría)