Desde 1994 en la Red. La pagina de los aficionados a la electronica, informatica y otras curiosidades de la vida. No dudes en visitarnos.
Ahora 1 visitas.| 3484459 Visitas (desde Dic. 2011), hoy: 327 Visitas 1000 Pag. Vistas , ultimos 36 dias: 11188 Visitas. 38209 Pag. Vistas. Tu IP: 3.142.131.51
Que ando curioseando:
AutosuficienciaCosas de casaElectronicaEn InternetInformáticaMundo MisticoSin categoríaSociedadTe lo recomiendo

O inventor do futbolín: o galego Alexandre de Fisterra

Alexandre de Fisterra ( en castelán Alejandro Finisterre ) foi o alcume de Alexandre Campos Ramírez, editor, poeta e inventor nado en Finisterre, provincia de A Coruña, Galicia en 1919. Morreu en Zamora o 9 de febreiro de 2007.
Foi o inventor do futbolín, o xogo espallado polo mundo enteiro ( en Arxentina é coñecido como metegol e aínda foi xugado nun capítulo da serie norteamericana Friends ).
O seu pai é zapateiro e ós 5 anos que tiña Alexandre múdase a A Coruña e ós quince a Madrid a estudar o bacharelato. A zapatería entra en quiebra e non se pode pagar os estudos do novo, pasa a traballar corrixindo traballos escolares dos cursos máis baixos, a instancia do director, que lle permite así seguir os seus estudos. Foi albanel e traballou nunha imprenta.
O inventor do futbolín foi galegoXogando futbolín nunha mesa en Nova IorqueFíxose universal, en Arxentina chamouse metegol

Coñece a León Felipe e xunto con Rafael Sánchez Ortega editaron o xornal “Paso a la juventud”.
Ao comezar a guerra no ano 1936 queda ferido durante un bombardeo. É levado a Valencia pero pola gravidade das súas feridas é trasladado a un hospital de Montserrat.

Este feito é capital na súa vida; está con outros novos doentes que non poden xugar ao fútbol e inspirado no tenis de mesa imaxina o que logo sería o futbolín.
Dálle instruccións ao seu amigo Francisco Javier Altuna, un vasco carpinteiro, para facer o primeiro futbolín da historia. Como España estaba en plena guerra non se puido fabricar pois toda a industria estaba na fabricación de armas.
Patentou o seu invento en Barcelona en xaneiro de 1937.
Tamen inventou un pasafollas de partituras musicais que se accionaba co pé, para unha rapaza pianista de quen estaba namorado.
Tivo que exiliarse a Francia como tantos miles pola derrota do bando republicán a mans dos sediciosos franquistas e cruzou os Pirineos a pé, perdendo a patente do futbolín que levaba con el.
En París en 1948 logra gañar algún diñeiro coa patente do pasafollas e emigrou a Quito, Ecuador onde edita a revista Ecuador 0º, 0′, 0″ dedicada a poetas de diversos países.
 

En 1952 emigra a Guatemala onde comeza a desenrolar un bo negocio fabricando o futbolín.
Mágoamente, un novo golpe de estado desféitalle a vida unha vez máis: cae o goberno democrático e é roubado e secuestrado pola súa ideoloxía de esquerdas. Prodúcese entón unha escea digna dun filme de acción; é trasladado en avión a España, onde seguramente sería asasinado e no lavabo do avión ensaia unha bomba ficticia feita cun xabón envolto en papel de aluminio e con tal cousa ameaza á tripulación e enfronta ao pasaxe explicándolles que el está secuestrado e que era un “refuxiado español”, poñéndose aos viaxantes da súa banda e desviando o avión a Panamá, nun dos primeiros secuestros de avión da historia.
 
Alejandro Finisterre e o seu invento o futbolínAlejandro Finisterre co seu invento

Logo pasa a México, país que daba acollída aos refuxiados españois, onde funda editoriais, edita revistas, libros de poetas e é redactor de “El Nacional”.
Na Transición Española retorna e vive en Burgos e logo en Zamora.
Foi membro da Real Academia Galega.En España ve que o futbolín foi desenrolado e fabricado aproveitando a guerra, a pesar de estar asentada a súa patente en Barcelona. Roubárono unha vez máis.
Faleceu aos 87 anos, este home dunha vida azarosa, que ben merecería un filme.

Fuente: http://www.galiciaespallada.com.ar/o_inventor_do_futbolin.htm

Escribe un comentario

Tu comentario