Un goberno de bombo e platillo e medias verdades.
Que ben quedou iso de que ian abrir o tramo entre Rianxo a Dodro, de certo que moita xente quedou “satisfecha” con ese anuncio. O que si non dixeron e que por non asfaltar os cen metros da saida a catoira, os que temos que coller esa saida, temos que seguir a pasar polos cascos urbans e facer mais de dous quilometros a maiores ou sair de en Dodro e volver para atrás.
Que ben quedou o da Fonsagrada: “A televisión analóxica desaparece na Fonsagrada” titulaban por todos os lados, e logo resulta que ainda vai a seguir funcionando a analóxica por que faltan antenas por poñer por problemas de suministro electrico.
Que ben queda o de que hoxe hay medidas sanitarias para evitar o “mal das vacas tolas” e que non hay riesgo de colle-la enfermmidade, sen embargo esta enfermidade aparece a partir dos seis anos; ¿Que vai pasar con esa xente que esta enferma e non o saben?. ¿Quen é o responsabel subsidiario?.
E por ultimo…. a explicacion dos quitamedos da via rapida do Barbanza é de coña. Iso de que estan homologados ten gracia, por que unha vez remate a obra e empecen os accidentes por derrapes ou saidas de vía, ¿será responsable do accidente a empresa que fixo as obras ou o responsable será o político da xunta que vai da-lo visto bo?.
Unha dubida: ¿Por que en Portugal as sinais estan feitas con tubo e non con perfís cadrados?¿Non estan homologados os de portugal pola comunidade europea ou é que os politicos españois teñen predileccion polas amputacións nos accidentes?