Festa do Embalse da Fervenza 2009
El domingo staremos por alli!!!
Exquisita Carne a Grella, Verbena con Olympus e Panorama, exposicións, xogos populares, festa da xuventude, etc… Unha morea de actividades nos agardan o 7,8 e 9 de agosto na Fervenza.
DESCARGA O PROGRAMA DA FESTA AQUÍ
http://www.anosacosta.es/downloads/fervenza2009.pdf
Chega unha nova edición da Festa do Embalse da Fervenza que organiza o concello de Mazaricos nun entorno ideal para todo tipo de propostas. Serán tres días de troula aproveitando a baixada das augas do encoro, que se aproveita como espazo lúdico e cultural, e que nas súas 52 hectáreas se convirte en referencia nesta segunda fin de semana de agosto. A Festa do Embalse arranca o venres, coa Festa da Xuventude, cunha degustación de polo a grella e o espectáculo dunha discoteca móbil denominada Spacemusic.
O sábado pola mañán abriráse unha exposición agropecuaria e de servizos, con multitude de ofertas. Durante a tarde terá lugar unha xincana automobilística e unha carreira de Quads, e pola noite un dos puntos potentes da festa, unha verbena con dúas das mellores orquestras de Galicia, a Panorama e a Olympus. Precisamente Panorama leva catro anos consecutivos gañando o concurso da mellor orquestra de Galicia que organiza a web anosacosta.com. Antes da actuación das dúas orquestras, actuará o grupo Venezia.
O domingo haberá un xantar con carne de tenreira e porco a grella con criollos, pementos, e a animación musical do grupo de gaitas do concello de Mazaricos. Pola tarde haberá numerosas actividades, tales como as probas de habilidade e diversión (tiro a corda, pano, táboas, carreiras de caldeiros, xente ao lombo). E non faltarán as carreiras de cabalos e un parque infantil, neste parque de atraccións ó aire libre. A promoción da carne de tenreira é o obxectivo principal da festa, para o que se mercan maís de 1000 kilos de carne para churrasquear, cun exhaustivo control de calidade para que o producto ofertado sexa o mellor.
|
![]() | 6 agosto 2009 en Te lo recomiendo | tags: Te lo recomiendo |