Letra de cancións galegas
Si te interesa este artículo, encuentra más letras y canciones en esta página en la etiqueta Galicia.
1.- HIMNO GALEGO |
11.- A RIANXEIRA |
2.- A CAROLINA |
12.- APAGA O CANDIL |
3.- O ANDAR MIUDIÑO |
13.- CANTIGAS DE PONTEVEDRA |
4.- POUSA, POUSA |
14.- EÍ VEÑEN |
5.- O GATO |
15.- CANTIGAS VARIAS |
6.- CATRO VELLOS MARIÑEIROS |
16.- O SANCRISTÁN DE COIMBRA |
7.- VER BAILAR CARMIÑA |
17.- LÉVAME, LÉVAME |
8.- AMORIÑOS COLLÍN |
18.- VELAÍ VAI |
9.- SE VAS Ó SAN BENITIÑO |
19.- TEÑO UN AMOR EN RIANXO/VENTO MAREIRO |
10.- O PARAUGAS DO XOSÉ |
20.- ARROZ CON CHÍCHAROS |
21.- ROMANCE DE DON GAIFEROS |
22.- ALALÁ DAS MARIÑAS |
23.- NOS CANEIROS (Ai, Pepiño adiós) |
24.- NA BEIRA DO MAR |
25.- OS DE MARÍN (polo mar abaixo) |
26.- A VIRXE DA BARCA |
27.- PAXARIÑO |
HIMNO GALEGO: E. Pondal (en YouTube) Que din os rumorosos na costa verdecente, ao raio transparente do prácido luar? Que din as altas copas de escuro arume arpado co seu ben compasado monótono fungar?
-”Do teu verdor cinguido e de benignos astros, confín dos verdes castros e valeroso chan, non des a esquecemento da inxuria o rudo encono; desperta do teu sono, fogar de Breogán”.
“Os bos e xenerosos a nosa voz entenden, e con arroubo atenden o noso rouco son, mais sóo os iñorantes, e féridos e duros, imbéciles e escuros non nos entenden, non”.
“Os tempos son chegados dos bardos das edades, que as vosas vaguedades cumprido fin terán; pois, donde quer, xigante a nosa voz pregoa a redenzón da boa nazón de Breogán |
A CAROLINA A saia da Carolina ten un lagarto pintado; cando a Carolina baila, o lagarto dálle ó rabo. Bailaches Carolina? Bailei, si señor. Dime con quen bailache. Bailei co meu amor (tres veces) Bailaches Carolina? Bailei, si señor. A Carolina é unha tola que todo o fai ó revés, véstese pola cabeza e díspese polos pés. Bailaches Carolina? Bailei no cuartel. Dime con quen bailache. Bailei co coronel (tres veces) Bailaches Carolina? Bailei, no cuartel. O señor cura non baila porque ten unha coroa. Baile, señor cura, baile, que Deus todo llo perdoa. Bailaches Carolina? Bailei, abofé. Dime con quen bailaches. Bailei co meu Xosé (tres veces) Bailaches Carolina? Bailei, abofé. No curro da Carolina non entra carro pechado, namais entra a Carolina co seu cocho polo rabo. Bailaches Carolina? Bailei, si señor. Dime con quen bailache. Bailei co meu amor. Co teu amor, Carolina, non volvas a bailar, porque che levanta a saia e é moi mala de baixar. BIS |
O ANDAR MIUDIÑO Éche un andar miudiño, miudiño, miudiño, miudiño, miudiño, BIS o que eu traio. Que eu traio unha borracheira de viño, que auga non bebo. Mira, mira Maruxiña; mira, mira, como eu veño. Que eu traio unha borracheira de viño, que auga non bebo. Mira, mira Marauxiña, mira, mira como veño. Éche un andar miudiño… |
POUSA, POUSA (en YouTube) Fun á taberna do meu compadre, fun polo vento e vin polo aire: e como é cousa de encantamento fun polo aire e vin polo vento. E pousa, pousa, pousa, e non me toques naquela cousa: BIS e pousa, pousa axiña, e non me toques naquela cousiña. BIS Murmuraban as miñas veciñas que eu andaba co crego nas viñas: BIS eso é verdá, eu non o nego, que eu andiven a loitas co crego. BIS E pousa, pousa.. Cando me case xa teño un galo, xa miña nai non me ten que dalo; BIS cando me case xa teño un polo, xa miña nai non me ten que dar todo. BIS E pousa, pousa.. |
O GATO Xuntáronse catro un día, os millores deste barrio, mataron un gato a tiros e o meteron nun saco. Vai o gato metido nun saco, vai o gato prá terra da Laxe; vai o gato metido nun saco, ai, gatiño! xa non volve máis. Que mal lles parecería a calquera deses catro, que os meteran nun saco como meteron o gato. Vai o gato… Aquel gato era un artista, traballaba na ribeira, agora é un bañista na praia da Castiñeira |
CATRO VELLOS MARIÑEIROS (en YouTube) Catro vellos mariñeiros, BIS todos metidos nun bote. Boga, boga, mariñeiro, imos pra Viveiro, BIS xa se ve San Roque. Ailalelo … Os mariñeiros traballan BIS de noite ca luz da lúa. Dá gusto velos chegare pola mañá cedo BIS cheirando a frescura. Ailalelo … Levo sardiña e bocarte, (traio sardiña e bocarte) vendo xurelo pequeno. (tamén xurelo pequeno) Rapaciña de Viveiro ven buscar o lote do teu mariñeiro Ailalelo .. |
VER BAILAR CARMIÑA (en YouTube) Ver bailar Carmiña, Carmiña, Carmela, con zapato branco, con media de seda, con media de seda de seda calada, ver bailar Carmiña, miña namorada. Os zapatos piden medias, as medias piden zapatos, as raparigas bonitas piden rapaciños guapos. Ver bailar Carmiña,… |
AMORIÑOS COLLÍN Amoriños collín na bieriña do mar, amoriños collín non os poido olvidar; non os poido olvidar non os poido olvidar, amoriños collín na beiriña do mar |
SE VAS Ó SAN BENITIÑO (en YouTube) Se vas ó San Benitiño BIS non vaias ó de Paredes, que hai outro máis milagreiro San Benitiño de Lérez. BIS San Benitiño do ollo redondo hei de ir alá, miña nai, se non morro e hei de levar unha bota de viño e unha bola de pan para o camiño. a que lle foron armare ó San Benito de Lérez, a que lle foron armare que tiña un bo viño mosto BIS debaixo do seu altare. Polo río abaixo vai unha troita de pé, corre que te corre, quen a puidera coller, quen a puidera coller, quen a puidera pillar. Polo río abaixo vai unha troita de pé. Ó ve-las flores se alegra BIS o paxariño do prado. BIS Eu con ve-la túa cara BIS boto fóra as miñas penas. San Benitiño do ollo redondo… Que cho teño ben gardado, heicho de dar que cho teño, que cho teño ben gardado, nena cando foras miña, o caraveliño encarnado. Polo río abaixo vai unha troita de pé… |
O PARAUGAS DO XOSÉ (en YouTube) O paraugas do Ghosé é un paraugas moi malo si le caen cuatro gotas… ya se le humedece el palo. Y por eso una mulata, por muy mojada que esté, non se pondría debajo… do paraugas do Ghosé E o que é meu é meu e é meu e o que é meu é meu e é teu que non quero que andes dicindo, que tumba que dálle, que tal que sei eu |
A RIANXEIRA (historia) (en YouTube) Ondiñas veñen, ondiñas veñen, ondiñas veñen e van. Non te vaias rianxeira, (non te embarques rianxeira) que te vas a marear. A Virxe de Guadalupe cando vai pola ribeira, BIS descalciña pola area, parece unha rianxeira. BIS Ondiñas veñen… A Virxe de Guadalupe cando vai para Rianxo, a barquiña que a leva (a barquiña que a trouxo) era de pau de laranxo. Ondiñas veñen… A Virxe de Gauadalupe quen a fixo moreniña BIS foi un raíño de sol que entrou pola ventaniña BIS Ondiñas veñen… |
APAGA O CANDIL (en YouTube) Apagha o candil, Marica, chus, chus, apagha o candil que ten moita lus, que ten moita lus, moita claridá, apagha o candil e chéghate alá. Pasei pola túa porta e mirei polo ferrollo, a lara da túa nai meteume un pau por un ollo, meteume un pau por un ollo, ailalelo, ailalalo. Apagha o candil… A túa nai é chiculate, o teu pai chiculateiro, a túa nai lambe as cazolas, o teu pai lambe os pucheiros, o teu pai lambe os pucheiros, ailalelo, ailalalo |
CANTIGAS DE PONTEVEDRA Pontevedra de corales, Lugo da coor do aceiro, Pontevedra de corales, Ourense de limoeiros, A Coruña de cristales, BIS Ai lalelo, ai lalalo. Polo mar abaixo vai unha sartén, vai fritindo peixes, han de saber ben. Han de saber ben, han de saber ben, polo mar abaixo vai unha sartén. Dá de beber a quen pasa, Pontevedra é boa vila, dá de beber a quen pasa, a fonte na Ferrería San Bartolomeu na Praza, San Bartolomeu na Praza, Ai lalelo, ai lalalo. Polo mar abaixo vai unha sartén… Ten unha pipa no monte San Antonio da Caiera, ten unha pipa no monte. As mulleres beben viño, os homes auga da fonte, BIS Ai lalelo, ai lalalo. Polo mar abaixo vai unha sartén… E mulleres con mulleres, ó bailar homes con homes e mulleres con mulleres é como a gaita sen foles e o tambor sen cordeles. Ai lalelo, ai lalalo. Polo mar abaixo vai unha sartén… |
EÍ VEÑEN Aparta, loureiro verde, deixa clarexar a lúa BIS se non vexo os meus amores, non vexo cousa ningunha. BIS Ei veñen, ei veñen, ei veñen, ei van, sardiñas fresquiñas de pola mañán, de pola mañán, de pola mañán, ei veñen, ei veñen, ei van. Prende salgueiriño, prende, beira da fonte pequena BIS tamén meus ollos prenderon no corazón dunha nena BIS Ei veñen, ei veñen,… Canta ti, cantarei eu, beira da fonte pequena BIS Ante quen tivese amores, porque os meus vanse acabando. BIS Ei veñen, ei veñen |
CANTIGAS VARIAS Árdelle o eixe, árdelle o carro, árdelle o eixe, hai que mollalo, hai que mollalo, hai que mollalo árdelle o eixe, árdelle o carro.
San Antón, San Antoniño, o santo máis queridiño, San Antón, San Antoniño, dá me forza no carácter, como ó porco no fuciño. … Se te casas en Ourense pídelle a proba primeiro BIS da cacheiriña do porco e o bon viño do Ribeiro BIS Se vas ó Ribeiro, ó Ribeiro de Avia, se vas ó Ribeiro, vai por Ribadavia, vai por Ribadavia, ven por Ventosela, que hai unha neniña que dá xenio vela, que dá xenio vela, dá noxo mirala, se vas ó Ribeiro vai por Ribadavia. Que ben fixeron teus pais en facerche custureira cando chove non te mollas BIS cando fai sol non te queimas. Teño unha morena alá en Viascón, teño outra na Puebla e outra en Marcón e outra en Marcón, e outra en Marcón, teño unha morena alá en Viascón. Non te cases cun ferreiro que é moi malo de lavar, BIS cásate cun mariñeiro que vén lavado do mar, que vén lavado do mar, ailelelo, ailalalo. Miña nai, miña naiciña, (2 veces) como a miña non hai ningunha, que me quentou a cariña (2 veces) co calorciño da súa. A raíz do toxo verde, (2 veces) é moi mala de arrincare, os amoriños primeiros, (2 veces) BIS son moi malos de olvidare ailara…. Unha vella díxolle a outra (2 veces) polo burato da porta: ti goberna a túa vida (2 veces) BIS que a miña nada che importa. ailara.. Nena que vénde-las peras, (2 veces) cantas che mandaron dar, para ti, meu queridiño (2 veces) BIS non mas mandaron contar ailara… Dáme o que che pido nena que non che pido diñeiro, dáme a túa ovella negra pra xuntare ó meu carneiro BIS Ailelelo… E ti telo, telo, non o queres dar, pra despois de vella podelo salgar, podelo salgar, podelo salgar, e ti telo, telo, non o queres dar, ailelelo… Vivir na Coruña que bonito é, andar de baranda e dormir de pé, e dormir de pé, e dormir de pé, vivir na Coruña que bonito é. Ó pasar por Camariñas, por Camariñas pasei cantando. As nenas de Camariñas quedan no río, quedan no río lavando. Camariñas, Camariñas, ai que xa me vas camariñando. Por unha de Camariñas vivo no mundo, vivo penando. Miña Virxiña do Monte, que ós mariñeiros sempre vixilas! Non permitades que morra lonxe da terra, da terra miña! Se vas ó convento de Herbón mira pró lado dereito verás o San Benitiño botando auga polo peito BIS Ailalelo E se unha perna teño aquí e outra no teu tellado mira se te quero nena que estou escarranchado BIS Ailalelo |
O SANCRISTÁN DE COIMBRA O Sancristán de Coímbra facía de mil diabluras: BIS mollaba o pan en aceite, deixaba os santos a escuras BIS E vate fado e vate ben, ti ére-la causa do meu desdén BIS O mar tamén ten amores, o mar tamén ten muller. BIS Está casado coa area, Dálle bicos cantos quer. BIS E vate fado…….. BIS Eu quixera ser merliño e ter o bico encarnado BIS para facer o meu niño no teu cabelo dourado. BIS E vate fado…. BIS |
LÉVAME Lévame, lévame, lévame, lévame á beira do mar, nunha noite prateada, noite dun craro luar. Lévame, lévame, lévame, lévame á beira do mar, lévame, meu queridiño: BIS (lévame, meu mariñeiro) eu tamén quero bailar. Quero bailar, quero bailar, quero bailar, quero bailar. Onde vas, meu queridiño? Onde vas, meu caravel? Vou buscar berberechiños para darlle ó meu querer BIS para darlle ó meu amor. Onde vas, meu queridiño? Onde vas meu corazón? Lévame,lévame, lévame, lévame á beira do mar, lévame, meu queridiño: BIS (lévame, meu mariñeiro) eu tamén quero bailar. Quero bailar, quero bailar, quero bailar, quero bailar en Vilagarcía |
VELAÍ VAI Velaí vai, velaí vai, velaí vai a rapaza polo río, sen comer e sen beber, toda cheíña de frío, toda cheíña de frío, toda chea de dolor, velaí vai, velaí vai, polo río xa pasou. Viñeches ás nove e media. Quedaches de vir ás nove, viñeches ás nove e media, ti non sabes que é pecado enganar a unha morena, enganar unha morena, !ailalelo, ailalalo! Eu teño un canciño bonito abofé que baila a muiñeira na punta do pé, na punta do pé, erguidas as mans, eu teño un canciño que baila ao serán la, la, la, la.. Velaí vai, velaí vai, velaí vai |
TEÑO UN AMOR EN RIANXO/VENTO MAREIRO Teño un amor en Rianxo e outro en Vilagarcía, para ve-los meus amores, teño que cruza-la Ría, teño que cruza-la Ría, teño que cruza-la Ría, teño un amor en Rianxo e outro en Vilagarcía. Non lle temas, mariñeiro, ó ventiño do mar, que co vento mareiro dá mellor navegar. SE navegas pola ría de Rianxo verás as estrelas e a lúa darlle bicos ó mar. Lévalle no teu peteiro, gaivotiña voa, voa, lévalle no teu peteiro unha cartiña de amores pró meu amor rianxeiro ( 3 veces) gaivotiña voa, voa, lévalle no teu peteiro. Non lle temas, mariñeiro….. Collín a dorna en Rianxo Collín a dorna en Rianxo, fun a Padrón pola Ría, da terra de Castelao á de Cela e Rosalía, á de Cela e Rosalía, á de Cela e Rosalía, collín a dorna e Rianxo, fun a Padrón pola Ría. Non lle temas, mariñeiro…. |
ARROZ CON CHÍCHAROS O primeiro no amor sonche os bicos, o segundo beliscos pequenos, o terceiro ben achegadiños e ó remate sonche os nenos BIS Arroz con chícharos, patacas novas, repolos de Betanzos e mais cebolas e mais cebolas e mais cebolas, arroz con chícharos, patacas novas |
ROMANCE DE DON GAIFEROS I onde vai aquil romeiro, meu romeiro a donde irá, camiño de Compostela, non sei se alí chegará. Os pés leva cheos de sangue, xa non pode máis andar, malpocado, probe vello, non sei se alí chegará. Ten longas e brancas barbas, ollos de doce mirar, ollos gazos leonados, verdes como a auga do mar. -I onde ides meu romeiro, onde queredes chegar? Camiño de Compostela donde teño o meu fogar. -Compostela é miña terra, deixeina sete anos hai, relucinte en sete soles, brilante como un altar. -Cóllase a min meu velliño, vamos xuntos camiñar, eu son trobeiro das trobas da Virxe de Bonaval. -I eu chámome don Gaiferos, Gaiferos de Mormaltán, se agora non teño forzas, meu Santiago mas dará. Chegaron a Compostela, foron á Catedral, Ai, desta maneira falou Gaiferos de Mormaltán: -Gracias meu señor Santiago, aos vosos pés me tes xa, si queres tirarme a vida, pódesma señor tirar, porque morrerei contento nesta santa Catedral. E o vello das brancas barbas caíu tendido no chan, Pechou os seus ollos verdes, verdes como a auga do mar. O bispo que esto oíu, alí o mandou enterrar E así morreu señores, Gaiferos de Mormaltán. Iste é un dos moito miragres que Santiago Apóstol fai |
ALALÁ DAS MARIÑAS (en YouTube) Teño unha casiña branca na Mariña entre loureiros, teño paz e teño amor e estou vivindo no ceo. Ailalala, ailalala.. E adiós á miña casiña, portelo do meu quinteiro, auga da miña fontiña, sombra do meu laranxeiro Ailalala, ailalala.. |
NOS CANEIROS (Ai, Pepiño adiós) Ai Pepiño, adiós, ai Pepiño, adiós, ai Pepiño, por Dios non te vaias, non te vaias afogar á praia, como nos pasou a nós e havos de pasar a vós. Ai Sálvora, ai San Vicente, BIS as nenas bonitas hainas en Ourense. (as nenas bonitas hainas en Mourente) Ai Pepiño, adiós, ai Pepiño, adiós, Ai Sálvora, ai San Vicente Ai Sálvora, adiós Mourente Ai Sálvora, ollos da ría para boas mozas, en Vilagarcía BIS Ai Pepiño, adiós, ai Pepiño, adiós, Ai Sálvora, vento norteiro. Ai Salvora, meu compañeiro, Ai Sálvora, vento ventiño xa están as rapazas na punta de Aguiño BIS
|
NA BEIRA DO MAR Ollos verdes son traidores, BIS azules son mentireiros, os negros e acastañados son firmes e vedadeiros. BIS Na beira, na beira, na beira do mar hai unha lanchiña pra ir a navegar BIS Hoxe vinte pasar a ría BIS cuns zoquiños de madeira, ías tan remangadiña ó pasar pola riberia BIS Na beira, na beira, na beira do mar hai unha lanchiña pra ir a navegar BIS
|
OS DE MARÍN (Polo mar abaixo) Nosa Señora do Carme que nos dea o vento en popa BIS que somos os de Marín e levamos a vela rota BIS Polo mar abaixo vai unha troita de pé corre que te corre quen a puidera coller BIS quen a puidera pillar Polo mar abaixo vai unha troita de pé
|
A VIRXE DA BARCA Veño da Virxe da Barca, da Virxe da Barca veño, veño de abala-la pedra, de abala-la pedra veño. Díxenvos unha mentira, veño de abala-la pedra, veño de abala-la grande, que a pequena abala ela. Nosa señora da Barca ten o tellado de pedra, ben a puidera ter de ouro, miña Virxe se quixera. Nosa señora da Barca ten un teito bo de pedra; di a campana na volta: ¡cantas voltas vai dar ela! A miña Virxe da Barca, para o ano hei de volver que me quedou a mantilla no altar por recoller
|
PAXARIÑO Con piñeiros de arredor, Paxariños que alegres cantades |
Fuente: http://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/pasatempos/cantigas.htm
Sabes de mas? Agregalas a comentarios.